Mos recibirá o mes de xullo a remollo. Así é: este vindeiro sábado, día 1, estará aberta ao público a piscina municipal pública ao aire libre de San Eleuterio. A entrada á mesma é totalmente libre e gratuíta cun horario ininterrompido de 11 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.
As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.
Aquagym
Ademais do uso libre da piscina, as persoas interesadas en facer exercizo monitorizado nestas dependencias poden optar a participar de balde nas clases de Aquagym en grupo dous días á semana: martes e xoves de 11 a 11.45 horas e mércores e venres de 11 a 11.45 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 14 de xullo no teléfono 986 33 40 70.
Asi mesmo, dende maio atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais da Pesqueira e de Sanguiñeda. Están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.