A Xunta mantén dende hoxe, 1 de xullo, o desconto do 50% no transporte da ría de Vigo. Así, o Diario Oficial de Galicia publicou este venres a orde que permite continuar con estas bonificacións, que se aplicarán sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova.
Ata finais de ano
O Consello da Xunta adoptou o xoves a decisión de manter a bonificación do 50%, durante seis meses máis, ata finais de ano, os descontos no transporte público autonómico que vén aplicando desde setembro de 2022.
A pesar de que a orde publicada no DOG establece como prazo de aplicación dos descontos ata o 31 de xullo, xa prevé a ampliación do período no que se aplicará a minoración temporal da tarifa, en función do establecido polo Goberno central no Real Decreto Lei para responder ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína, aprobado polo Goberno Central.