Comarcas Vigo al minuto

O Porriño contará cun orzamento récord de 19 millóns de euros

O alcalde será o que menos cobre de toda a Área de Vigo: 39.540€

O Porriño contará cun orzamento récord de 19 millóns de euros

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, ten garantida a aprobación do Orzamento do Concello para este ano. O seu partido, o PP, conta con 16 dos 21 concelleiros da Corporación, máis do 76%, que este venres darán o seu voto as contas para 2023. l

“Actuamos con responsabilidade e fuxindo de calquera populismo económico”, apunta o alcalde, “O Porriño necesita un orzamento que atenda ás súas necesidades actuais e permita unha xestión eficiente, algo que non cumpría o prorrogado do 2018 co que traballabamos”.

19 millóns

Para Lorenzo que, as contas ademais de realistas, tamén son ambiciosas e de “marcado carácter expansivo” xa que “experimentan un crecemento do 36,23% respecto do orzamento vixente. Ascenden a 19 millóns o que o sitúa como o máis elevado da historia deste concello”.

Asi, o Goberno local poderá facer uso o que queda de ano do remanente acumulado para a execución de proxectos de saneamento nas parroquias; adquisición de parcelas para a creación de parques; zonas verdes ou o auditorio municipal e tamén bonificación de impostos para que O Porriño se consolide como Concello emprendedor.

Con todo, o rexedor insistiu en que a finais deste ano presentaranse o orzamento correspondente ao exercicio 2024, no que poder dar cabida a todas as necesidades da veciñanza do Porriño.

Estabilidade e recuperación económica

As contas públicas que presenta o Goberno municipal “ofrecen seguridade e estabilidade”, centrándonse en consignar a dotación necesaria para poder atender os compromisos adquiridos. Trátase dun “orzamento de transición” que contempla un incremento substancial na prestación de servizos. E o fai “de maneira regulada e legal, logo de moitos anos cunha situación de ausencia total de contratos regulados, especialmente grave no caso dos servizos obrigatorios con maior custe, como son a recollida de lixo, mantemento de xardíns e desbroces, xestión da piscina ou servizo de axuda no fogar”. Neste documento contémplase  un gasto corrente para atender aos contratos de servizos formalizados que representa un 57,54% do mesmo.

En canto ao gasto en persoal, hai que ter en conta que no ano 2019 aprobouse a Relación de Postos de Traballo sen contar con crédito suficiente no orzamento inicial para dar cobertura á mesma. Este orzamento recolle por fin a dotación necesaria para atender ás retribucións do persoal ao servizo do Concello incrementando esta partida nun 33,95%.

Servizos Sociais

“Desde o Goberno local seguiranse tomando todas as medidas necesarias, dentro das súas competencias, para axudar ás persoas, familias e empresas que están a ter dificultades”.  Manter e reforzar os servizos sociais é o obxectivo: dotando esta área de máis persoal e orzamento para cumprir na prevención de axuda no coidado dos maiores; creando unha área propia ou a atención e integración social das persoas menos favorecidas. Isto supón unha dotación orzamentaria na asistencia social de máis 2,2 millóns e un incremento do 94% nesta partida.

Cultura, educación, xuventude e infancia

Resalta na folla de ruta económica, apunta o alcalde, a área de Cultura. “Trátase dun valor esencial e un recurso imprescindible do desenvolvemento intelectual”, apunta Lorenzo, “Polo que seguiremos desenvolvendo unha programación atractiva e moi pendentes da xuventude e das súas necesidades”. A tal fin esta partida increméntase nun 18,38%. Tamén se reforza o eido da Educación cun aumento do  31,25%.

Inclúense tamén novas subvencións nominativas a asociacións do eido veciñal e social que ata o de agora non contaban con achega municipal directa, como é o caso de COGAMI, AFAGA ou OSÍLICE.  A maiores se dará cobertura a outras asociacións locais con modificacións orzamentariasque se levarán a pleno nas próximas semanas.

Sete dedicacións e soldos conxelados toda a lexislatura

No que atinxe ás retribucións dos membros do Goberno local mantéñense os soldos conxelados dende o 2021, sumándose o compromiso de non subir as súas retribucións. Así, o do Porriño “seguirá a ser o alcalde con menor retribución da área metropolitana de Vigo”.

Así, establécense 7 dedicacións exclusivas, cun importe anual de 34.700,54 euros, ademais da Alcaldía, cun importe de 39.540,20 euros.  Estes son os En canto ao persoal eventual, o rexedor configura o seu gabinete con tres prazas eventuais: Secretaria de Alcaldía e Relacións institucionais, protocolo e prensa, cun importe cada unha de 33.217,52 euros e unha de Asesoría Xurídica, cunha dotación anual de 59.830 euros.

También te puede interesar