Galicia Vigo al minuto

O DOG publica a convocatoria de oposicións para 195 empregos da Xunta

Destacan 130 postos na escala técnica de orientación laboral

O DOG publica hoxe a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe sete convocatorias de oposicións para cubrir 195 prazas de emprego público na Xunta. Do total das prazas convocadas, 146 son de acceso libre e 49 de promoción interna.

130 prazas na escala técnica de Orientación Laboral

As convocatorias publicadas inclúen procesos selectivos para reforzar distintos centros. En concreto, convócanse 130 prazas na escala técnica de orientación laboral (A2); 20 na escala técnica de condución (C1); 16 prazas na escala de
sistemas e tecnoloxía da información (A1); 10 na escala de letrados (A1); sete prazas na escala de inspección turística; seis na escala superior de orientación laboral (A1) e outras seis prazas na escala superior de estatísticos.

A maioría das prazas son de acceso libre e poderá acceder a elas calquera persoa que cumpra os requisitos e queira acceder a un emprego fixo, estable e de calidade na Administración autonómica. Ademais, as prazas de promoción interna que non queden cubertas sumaranse ás de acceso libre.

Todas as convocatorias inclúen as normas xerais, os requisitos que deben posuír as persoas que queren inscribirse nas probas, os exercicios a realizar e os programas que rexerán os distintos procesos selectivos. Posteriormente, a Xunta publicará a lista de persoas admitidas e excluídas en cada convocatoria.

O prazo de inscrición para presentar solicitudes é de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

Te podría interesar