O Concello de Redondela informa que están tomándose as medidas medioambientais e legais correspondentes tras detectarse un vertido contaminante no Río Maceiras.
Onte pola tarde a Polícia Local de Redondela recibiu unha quincena de chamadas por parte da veciñanza alertando dun posible vertido no Río Maceiras onde, como consecuencia, numerosos peixes atopábanse flotando e no fondo do mesmo sen vida. Unha patrulla da Policia Local, desprazouse ata o lugar e posteriormente a Concelleria de Medio Ambiente deu aviso dos feitos a Augas de Galicia e solicitou unha analítica a empresa Acivro no punto onde de manifestou a contaminación.
Dende o departamento de Medio Ambiente informan que “se localizou un vertido de auga limpa con cloro, probablemente este sexa o causante principal da mortandade dos peixes. Os traballadores de Seprona fixeron xa as comprobacións correspondentes ao igual que o vixilante de PCV que tomaron as mostras pertinentes”.
A alcaldesa Digna Rivas explica que “dende o Concello solicitamos Unha analítica á empresa Acivro e estamos pendentes dos resultados, pero todo apunta a que trátase de cloro. Movilizamos o máis rápido posible o persoal responsable despois de alertar a veciñanza da mortandade dos peixes no Río Maceiras. Hoxe pasouse a retirar os peixes mortos e evitar maior contaminación. Estanse tomando as medidas legais oportunas e investigando a causa para que non se volva a repetir”.