É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másContinuan as obras de humanización de San Rafael en Pereiras, en Mos
A inversión supera o millón de euros
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras do proxecto de humanización interior da urbanización de San Rafael en Pereiras, que “avanzan a bo ritmo” e cuxa finalización está prevista para antes de que remate o presente ano 2023.
Neste proxecto de humanización, Xunta de Galicia e Concello de Mos invisten máis de 1,2 millóns de euros que permitirán a reforma integral desta urbanización.
Así, a intervención neste barrio de vivendas construídas a finais dos anos 50 ten como obxectivo mellorar a accesibilidade entre os edificios residenciais e os dotacionais a través de distintas actuacións, como, por exemplo, a substitución do pavimento asfáltico e redimensionado dos viarios para mellorar a seguridade viaria; o soterramento das redes de enerxía eléctrica en baixa tensión e telefonía; o proxecto de construción dunha nova rede de pluviais, e a renovación e ampliación da rede de alumeado.
Ademais o proxecto, financiado nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, tamén prevé a introdución de especies vexetais; a instalación de mobiliario urbano -luminarias, bancos e papeleiras- así como a mellora da sinalización vertical e horizontal.
Esta actuación executarase ao abeiro do chamado ‘Plan Hurbe’, un programa de apoio ás entidades locais galegas posto en marcha pola Xunta no ano 2010 co obxectivo de promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. O Concello de Mos xa se beneficiou con anterioridade desta iniciativa para mellorar a pavimentación da urbanización de San Eleuterio e para humanizar a contorna parroquial de San Mamede.