Supermercados Gadis lanza Orixe Zeta, I Concurso Gadis de Nova Creatividade Galega. O fin é promover o emprego do galego entre a mocidade, ademais de poñer en valor o seu talento creando contidos orixinais neste idioma nas súas redes sociais.
Esta iniciativa está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, que deberán publicar un vídeo orixinal en galego de menos de 60 segundos en TikTok. Terá que encaixar nalgunhadas seguintes disciplinas: música, poesía, creatividade audiovisual ou creatividade gráfica e compartilo na web www.gadisorixezeta.gal.
O prazo para participar neste concurso xa está aberto ata o próximo 17 de setembro.
Así, o xurado elixirá dous gañadores: para o vídeo co mellor contido e para o que goce de mellor calidade técnica. Serán agasallados cun iPhone® 13, MIDNIGHT 128 GB e uns airpods. Entre o resto de participantes, sortearanse 10 vales de compra por valor de 50 euros para utilizar nos establecementos Gadis.