Despois do fracasado intento do pleno de organización do Concello de Redondela, dende o Bloque Nacionalista Galego veñen de dirixierse ao Goberno municipal para iniciar conversas co fin de acadar un consenso entre todas as partes implicadas. “Asumimos a responsabildiade de dar o primeiro paso nesta negociación tras a parálise dunha semana, sen novas do goberno municipal”, sinalan fontes nacionalistas.
Digna Rivas, responsable
Responsabilizan do fracaso do primeiro Pleno do mandato á alcaldesa Digna Rivas por non ter consensuada no seo do goberno de PSOE e AER, a proposta que se levou á sesión do xoves 6, que finalmente non saíu adiante. “Pola nosa parte ofrecemos diálogo e colaboración para chegar a un entendemento que permita ao Goberno municipal de Redondela traballar con normalidade”, destacan.
“Intereses partidistas”
Ainda así, dende o BNG amosan a súa preocupación dende a organización nacionalista pola dinámica que se pode instaurar neste mandato, de que “calquera grupo do bipartito poida votar nos puntos resolutivos en función dos seus intereses partidistas” e non como goberno cohesionado. “O principio básico dun bipartito é que ambas partes están comprometidas a defender acordos plenarios como propios”, sinalan.
Na tarde deste xoves a organizacio nacionalista dirixíuse á acaldesa para que concrete data e hora para realizar a xuntanza.