Cultura Vigo al minuto

Leiva, Sidecars, Sidonie, EME DJ ou La Bien Querida, dende este xoves no Atlantic Fest

Música e gastronomía, ata o domingo na praia da Concha de Vilagarcía

Leiva, Sidecars, Sidonie, EME DJ ou La Bien Querida, dende este xoves no Atlantic Fest

A Deputación vén de revalidar o seu compromiso co Atlantic Fest, que terá lugar entre este xoves, 20, e o domingo 23 de xullo e se enmarca na marca provincial Rías Baixas Fest.

Atlantic Fest reuniu o pasado ano a milleiros de persoas na praia da Concha de Vilagarcía, combinando música e gastronomía ao tempo que e mantén un compromiso co respecto á contorna natural.

Es 7ªa edición, que arrancará mañá e contará con cinco escenarios diferentes: Vilagarcía Viva (no Auditorio), Galicia, Vibra Mahou e Alma Atlántica (na praia da Concha) e Sonemerxente (na praza de Galicia). Abrirá o festival Abraham
Boba
no escenario Vilagarcía Viva, o xoves 20. Na praia da Concha poderanse escoitar, entre os días 21 e 22 de xullo, a Leiva; Viva Suecia; Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, EME DJ, ou La Bien Querida.

O domingo, 23, o escenario Sonermerxente da praza de Galicia acolleará aos grupos De Ninghures, Law e Ania Baires. A parte gastronómica estará representada a través de diferentes foodtrucks que se instalarán ao longo do recinto.

Móvete en tren

Renfe facilita os desprazamentos ao Atlantic Fest por medio do ‘Tren Oficial’ do evento e ofrece rebaixas e Longa Distancia ao público do festiva, así como prezos especiais para grupos de 10 o máis persoas.  Podes atopar estas rebaixas entrando en https://atlanticfest.com/renfe/.

Ademáis, habilita dous servizos extra no Eixo Atlántico o sábado 22 de xullo:

  • Tren con saída da Coruña ás 05.35h con destino Vigo -con hora de paso por Vilagarcía ás 06.50h.
  • Tren con saída de Vigo ás 05.05h con destino A Coruña – co hora de paso por Vilagarcía ás 05.52h.

También te puede interesar