A praia de Patos e o solpor volven a unirse este verán á práctica do ioga para, xuntos e en harmonía, acadar a paz física e espiritual. Deste xeito, o gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, retoma estas sesións organizadas polo Concello de Nigrán este venres 21 de Agosto ás 20:30 horas (na propia area, ao carón do posto de Protección Civil). As seguintes citas serán os mércores 26 de Xullo, e 2 e 23 de Agosto, respectivamente, sempre ás 20:30 para que coincidan no solpor.
Clase iniciática
O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.
“Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda”, invita Madhana Agulla.