Cultura Vigo al minuto

The Sexy Lefties, este xoves nos ‘Solpores da Rebullón’

Ás 21:00h. con billeteira inversa

The Sexy Lefties, este xoves nos 'Solpores da Rebullón'

Este xoves, día 20, continúan os ‘Solpores’ na Sala Rebullón, con The Sexy Lefties, ás 21:00h con billeteira inversa. The Sexy lefties é un quinteto procedente do sur de Pontevedra. Ese e o seu radio de acción, aínda que os seus corazóns latexen ao ritmo dos grandes clásicos do Soul e o R&B procedentes de cidades coma Detroit, Chicago ou Filadelfia.

Os seus membros son habituais das jam sessions da zona e militan en outras bandas coma Bakintaun, Exeria. É tamén son antigos membros de outras bandas de Rock, Blues, Jazz…. “Se buscades unha banda cun toque sexy, sofisticado (e por que non dicilo, algo de man esquerda que sempre vai ben), cesade na procura que é por aquí”.

También te puede interesar