A concelleira de Deportes do Concello de Mos, Feli Rodríguez, informou hoxe de que hai un xa 60 inscritos nas clases de Aquagym organizadas desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’ que se leva a cabo na piscina ao aire libre de San Eleuterio.
Alí é onde están organizadas estas clases, de balde, en grupo dous días á semana: martes e xoves de 11 a 11.45 horas (30 participantes) e mércores e venres de 11 a 11.45 horas (30 participantes).
Piscina municipal
O pasado 1 de xullo, abriuse ao público a piscina municipal pública ao aire libre de San Eleuterio. A entrada á mesma é totalmente libre e gratuíta cun horario ininterrompido de 11 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.
As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.
Ademais, dende o pasado mes de maio atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.