O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou hoxe con motivo da primeira Xunta de Goberno do novo mandato que se realizará unha avaliación interna sobre o estado das contas públicas. Así o anunciou na rolda de prensa posterior á súa constitución, na que ademais deu conta doutros asuntos de interese para a provincia.
Segundo explicou,“trátase de expoñer, con transparencia e sen valoracións a priori, os recursos dos que dispoñemos para atender ás necesidades dos municipios e, por extensión, dos cidadáns de Pontevedra”. Así, López, que compareceu acompañado polos vicepresidentes Marta Fernández-Tapias e Rafael Domínguez, comprometeuse a dar conta do estado actual destas partidas unha vez sexan analizadas “polo miúdo”.
“Creo que os cidadáns de Pontevedra merecen saber os recursos que se investiron e o marxe de manobra do que dispoñemos para executar actuacións ata a aprobación do vindeiro orzamento”, concluíu o presidente provincial.