A CIG-Construción convoca unha folga indefinida nas obras do auditorio-teatro do antigo Cine Fraga de Vigo, propiedade de Caixa Galicia, desde hoxe. O paro, que podería afectar a uns 80 traballadores e traballadoras, segundo informa a central sindical, ten como obxectivo forzar á empresa Aldasa a cumprir co convenio colectivo. Ademais, con esta medida pretenden denunciar o despido de 8 traballadores e a contratación doutros 25 obreiros para sustituilos.
Dende o sindicato nacionalista denuncian que hai empregados que están a cobrar 3 € por hora e que “a empresa chegou a recoñecer que outros están a facer até tres horas extras sen cobralas”.