O alcalde puxo a simbólica primeira pedra para dar comezo as obras de humanización e instalación de ramplas mecánicas no centro de saúde de Lavadores e o CEIP Fonte Escura. Este novo corredor mecánico supón unha inversión 1.814.000 euros dos cales, apuntou Abel Caballero, o Goberno de España aporta 1.350.000 euros a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado con fondos europeos Next Generation EU.
Rehabilitación de toda a zona
Este proxecto contempla a rehabilitación e renovación da contorna urbana do centro de saúde e o colexio, entre a Avenida Ramón Nieto e Travesía de Barreiro. Ademais, a rampla salvará unha pendente duns 11 metros nunha lonxitude de 40 metros, en tres tramos que facilitarán o desprazamento da cidadanía ao ‘ambulatorio’. “O acceso ten unha pendente media do 9% e algúns tramos do 12%”, explicou o alcalde.
Todos os servizos urbanos
A instalacións das ramplas vén acompañada da creación de novos espazos e a renovación dos servizos urbanos: abastecemento, saneamento e alumeado. A obra abrangue unha nova rede de pluviais; mellora da eficiencia enerxética; instalación de puntos de luz con tecnoloxía led; novos pavimentos; mobiliario e espazos verdes.