O Concello de Redondela pon en marcha unha nova edición de ‘Visitas culturais e de lecer’, para maiores, esta vez, ao norte de Portugal.
Inscrición
Así, a partir deste venres 1 de setembro, as persoas maiores de 55 anos, poderán inscribirse nas oficinas de Turismo (de 11:00 a 19:00h) para a excursión organizada para visitar Valença, Monçao, Melgaço e Vilanova de Cerveira. Esta saída desenvolverase a partir do mércores 14 de setembro, dando a posibilidade de máis datas para dar cabida a todas as inscricións, sendo a data límite para anotarse o venres 8 de setembro.
Polo que se refire ao prezo desta primeira visita será de 19€, ademáis o pago poderá realizarse con tarxeta directamente nas oficinas de Turismo sitas na rúa Isidoro Queimaliños.
A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela retoma esta iniciativa logo do seguimento das anteriores edicións nas que se chegaron a superar as 600 inscricións. “Viaxes como a Ribeira Sacra gozaron do beneplácito das persoas maiores do noso municipio na que, a calidade do xantar e as incríbles panorámicas da contorna, animaron ás persoas participantes a seguir demandando máis saídas, abaladas polo reducido prezo xa que o transporte está financiado polo Concello”, sinalan dende a concellería.