Comarcas Vigo al minuto

O gran espectáculo de ‘O Fiadeiro’ chega este sábado ao Pazo de Mos

Ás 20:00 horas dentro do programa do Festival Intercéltico O Son do Pazo

O gran espectáculo de 'O Fiadeiro' chega este sábado ao Pazo de Mos

O Pazo de Mos acolle este sábado ás 20:00 horas a actuación de O Fiadeiro Danza 3, o ciclo promovido pola Xunta de Galicia, o propio Fiadeiro, a formación Xacarandaina e Cantigas e Agarimos, que chega este ano á súa undécima edición.

18 concellos galegos

Esta programación, que comezou o pasado 16 de abril coa representación de Cantigas e Agarimos en Vedra, continuará ata o mes de outubro ata chegar os 18 concellos galegos coa súa respectiva cita coa cultura popular, a maior parte delas en localizacións exteriores e formatos que facilitan o encontro do público.

Mos, Allariz, Arteixo, Carnota, Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Gondomar, Lourenzá, Manzaneda, Monforte de Lemos, Muros, Narón, Rianxo, Ribeira, Salvaterra do Miño y Vilanova de Arousa completan a relación de localidades participantes este ano en Danza 3.

O Fiadeiro

Dende o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da ACF O Fiadeiro vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros, nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo.

También te puede interesar