Deportes Vigo al minuto

O sábado, no velódromo do Porriño, a XVI edición do Dirt Track Xacob Agra

A partir das 21:00h. con 40 pilotos

O sábado, no velódromo do Porriño, a XVI edición do Dirt Track Xacob Agra

Un ano máis, e xa van 16, o velódromo municipal do Porriño acollerá a Dirt Track Xacob Agra. Como cada ano, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carreira noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estévez, xunto a Xoaquín Agra, presidente do motoclub Papaya, e o piloto porriñés Xacob Agra, presentaron onte o evento.

40 pilotos

A proba desenvolverase como cada ano en eliminatorias por grupos (clasificatorias, repescas, semifinais e finais). Prevese que disputen a proba preto de 40 pilotos, 20 en adultos e outros na modalidade infantil que será exhibición, chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño. Cabe destacar que nesta edición debutará nesta disciplina o piloto local Jose Calvar.

Te podría interesar