Galicia Vigo al minuto

‘Merca na rúa’ adiada pola choiva ata os días 15 e 16 deste mes

Instalaranse 24 postos na rúa peonil do Porriño

Ven a Porriño e Merca na rúa

As previsións meteorolóxicas para esta fin de semana obrigan a pospoñer a 28ª oitava edición da feira de oportunidades prevista para este sábado e domingo. Tal e como anunciaron hoxe dende a Asociación de Comerciantes do Porriño (Acipor) e o Concello do Porriño finalmente Merca na Rúa celebrarase o vindeira semana, o venres 15 e o sábado 16 de setembro en horario ininterrompido de 10 a 21 h.

Serán 24 os postos que se instalarán na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Roupa, calzado, óptica, mercería ou accesorios son algúns dos artigos nos que se pode atopar importantes descontos.

Para facilitar as compras ás familias o sábado pola mañá haberá inchables para os máis pequenos, de 10 a 14h, e pola tarde obradoiros infantís da man de Hypatia e clases de baile, animación e actuacións con Studio57.

También te puede interesar