Comarcas Vigo al minuto

Comeza a desmontaxe da ponte de Ponte Arnelas

A reconstrución costará máis de 5,3 millóns de euros

Comeza a desmontaxe da ponte de Ponte Arnelas

A Xunta está a iniciar a desmontaxe do taboleiro da ponte de Ponte Arnelas, avanzando nos traballos de retirada da actual estrutura metálica. Deste xeito, as actuacións de cara á reconstrución da ponte entran nunha nova fase, centradas na retirada do taboleiro. Así, para a súa desmontaxe é necesario facer cortes perpendiculares coma se fose un damero, e ir retirando por “tabletas”, polo que primeiro realizáronse cortes lonxitudinais, traballos que xa están rematados.

Entre tres e catro semanas

Agora, están a realizarse os cortes transversais, o que permite, a medida que se van completando, ir retirando as partes cun guindastre. Esta tarefa prevese que terá unha duración de entre tres e catro semanas.

Esta nova actuación desenvólvense tras terse executado os traballos de apuntalamento e arriostramento transversal da ponte; o desmonte dos peitorís de formigón; a colocación da tubaxe provisional de abastecemento e desmonte da tubaxe de abastecemento e a instalación de barreiras antiturbidez e de lonas para evitar contaminación no río.

Recheo no río

Nas seguintes semanas, unha vez realizada a desmontaxe do taboleiro, procederase á execución dun pequeno recheo no río para o posicionamento de guindastres, de cara ao desmonte da estrutura metálica e a súa posterior retirada.

Reconstrución da ponte

Todas estas intervención forman parte da solución definitiva para a reconstrución da ponte, xa trasladada aos concellos de Vilanova de Arousa e de Ribadumia. Neste sentido, segue o avance da reconstrución de ponte de Ponte Arnelas que suporá un investimento de máis de 5,3 millóns de euros.

Te podría interesar