A Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello do Rosal e co Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, impartirá un curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante.
Inscrición
As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou chamando ao teléfono 986 62 50 00. En canto haxa conformado grupo, o Concello porase en contacto con todas as persoas participantes para establecer día e hora da formación.
O curso, que será de balde, consistirá nunha parte teórica que se impartirá en instalacións municipais e noutra prácticas que se desenvolverá no río Miño pola zona do Rosal e que contará cunha embarcación adaptada para aquelas persoas inscritas con mobilidade reducida.