Co inicio do curso escolar 2023-24, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social respectivamente, informan da apertura do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor. O prazo estará aberto ata o 29 de setembro.
A alcaldesa lembrou a este respecto que a partida do orzamento anual de Educación incremnetouse este ano, pasando de 495.255,50 euros en 2022 a 506.836,10 euros en 2023, “potenciando a actividade extraescolar de inglés para a obtención do Certificado Trinity nas escolas; triplicando a contía dedicada ás axudas para comedor escolar, duplicando a de material, e incrementando tamén a da Aula Madruga“.
Educación Infantil, Primaria e Secundaria
Os departamentos municipais de Educación e Política Social explican que a apertura ete luns do prazo de solicitude das axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor, para o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do municipio, “ten como obxectivos principais os de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e apoiar as familias con dificultades socio-económicas”.
Contías
As axudas de material escolar están dirixidas ao alumnado escolarizado nos centros educativos do Concello de Mos, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata secundaria, sendo as contías máximas que se poden conceder as seguintes:
E. Infantil (1º ciclo)…………….ata 40,00 €
Educación Infantil (2º ciclo)…………….ata 80,00 €
E. Primaria…………………………ata 80,00 €
Educación Secundaria……………………..ata 80,00 €.
Das axudas de comedor escolar poderán ser beneficiarias as familias con menores matriculados nos CEIP Públicos do noso Concello (CEIP Atín-Cela, CEIP Mestre Martinez Alonso, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Pena de Francia e CEIP Petelos), e a achega será de 2€/menú/día, que se aboarán trimestralmente unha vez xustificado o gasto.
As familias que queiran solicitar as axudas poden consultar as bases e a documentación complementaria a presentar na páxina web do Concello de Mos, ou no departamento de Educación, cuxas oficinas están no Edificio Multiusos. As solicitude e documentación deben ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica en www.mos.es.
Para calquera dúbida poden pórse en contacto no correo electrónico [email protected] ou no telefono 986 339 404.