Destacados Vigo al minuto

O Pleno extraordinario polo concerto de Guns N’Roses, será o día 25

O BNG advirte ao alcalde que “non vai poder evitar dar explicacións”

El PP pide un Pleno extraordinario para que el alcalde dé explicaciones sobre la "corrupción" en Bembrive

O alcalde vén de notificar a convocatoria do Pleno extraordinario, impulsado polo BNG, para aclarar o “escándalo” do frustrado patrocinio do concerto de Guns N’ Roses. Abel Caballero asinou ás 9:57h de hoxe, “último día do prazo regulamentario para facelo”, o decreto para realización desa sesión plenaria o luns, día 25 , a continuación do Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

Dende o Bloque subliñan que no decreto, “o rexedor decidiu alterar o enunciado do asunto da orde do día polo xenérico Actuacións do Goberno municipal en relación ao concerto de Guns N’ Roses celebrado na cidade de Vigo”.

“Tenta fuxir do escándalo”

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou a decisión unilateral do rexedor de facer coincidir ambos os dous plenos. “Abel Caballero segue tentando fuxir do escándalo que envolve o intento do seu Goberno de entregar, irregularmente, case 2 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N’ Roses”, valorou.

Ademais, Igrexas denuncia que desde a Alcaldía non se puxeron en contacto cos grupos municipais da oposición para definir a data de realización. Neste sentido, apunta que “o alcalde máis que uso das súas competencias fai abuso das mesmas co obxectivo de tentar diluír o Pleno que impulsamos para que dea a cara”.

“No caso de que se ausente do Pleno, suporía que confirma a súa responsabilidade neste escándalo”

No entanto a fronte nacionalista advírtelle ao rexedor que non vai poder evitar ter que dar explicacións perante “evidentes sospeitas e indicios de graves irregularidades” que envolven a actuación do pasado 12 de xuño e o frustrado patrocinio publicitario por parte do Goberno municipal, e que mesmo poderían incorrer en ilícitos penais.

Asi, no que se refire á posibilidade de que o alcalde “se ausente da sesión extraordinaria, como adoita facer nos plenos”, Igrexas afirmou que “ademais dun desprezo intolerábel para o máximo organismo de representación democrática da cidade, suporía confirmar a súa responsabilidade directa neste escándalo”.

Tres propostas apoiadas tamén polo Partido Popular

O voceiro do Bloque lembra que o Pleno terá que ditaminar tres propostas concretas de acordo, elaboradas polo BNG e ás que se sumou o Grupo Municipal do PP. A primeira será a reprobación do alcalde pola “falla de transparencia e reiteradas falsidades”. A segunda proposta é crear unha Comisión Especial de Investigación para aclarar o sucedido e depurar as responsabilidades políticas. E, por último, abordarase a comparecencia perante o Pleno da concelleira de Contratación e Festas, Patricia Rodríguez Calviño, sobre as xestións realizadas polo Goberno local, en particular, para a licitación do frustrado patrocinio publicitario.

También te puede interesar