Destacados Vigo al minuto

Mobilización contra os recortes na seguridade da Cidade da Xustiza

Adiantan que a vixilancia do edificio presenta moitas deficiencias

Mobilización contra os recortes na seguridade da Cidade da Xustiza

Traballadores do sector da seguridade mobilizáronse hoxe na entrada da Cidade da Xustiza para denunciar que o novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia ten unha dotación económica insuficiente para cubrir os gastos salariais.

Na protesta, á que uníronse membros da Administración de Xustiza, advertiuse que estes, o persoal de seguridade e os usuarios serán os que padezan as consecuencias dos recortes. Así, dende a CIG instan á Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes a ter en conta a realidade da Cidade da Xustiza de Vigo. De aí que insistan en que se fixo investimento millonario nun edificio con 19 andares, con outro anexo de catro andares e cun aparcadoiro de tres sotos, e que hai que adaptar a vixilancia a esta realidade.

Deficiencias

Fronte a iso, acusaron á Xunta de seguir adiante cun concurso “cheo de deficiencias dende o principio”, até o punto de que a Consellería de Xustiza tivo que desistir do anterior tras as alegacións presentadas pola central sindical reclamando que se corrixisen as anomalías detectadas nos lotes: 12 na Cidade da Xustiza e rexistro civil de Vigo.

Ainda así, os pregos de condicións deste último lote “volveron contemplar unha partida económica insuficiente para afrontar os gastos do persoal que vai ser subrogado”, xa que figuran 11 persoas traballadoras para cubrir 10 xornadas. Cando no concurso só se contemplan sete xornadas a contratar, coa correspondente partida económica para esta cantidade de persoal.

Recortes nas quendas de tarde, noite e fin de semana

Iso supón que o servizo contemplará recortes nas quendas de tarde, de noite e de fin de semana a 24 horas, “xa que non se subsanaron as deficiencias para dar a cobertura adecuada”.

Convenio coas forzas de seguridade

Neste senso, consideran que o convenio coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado presentes no
edificio, non vai dar cobertura ás necesidades de vixilancia e seguridade, “non realizándose tampouco o control de persoas, paquetería e accesos, tanto a persoal como a persoas usuarias.”

También te puede interesar