Vigo al minuto

O Colexio Igrexa de Candeán esixe á Xunta que garanta a educación dos seus alumnos

Nais, Pais, estudantes e profesores concentráronse esta mañá no centro

O CEIP Igrexa de Candeán esixe á Xunta que garanta a educación dos seus alumnos

Convocados pola ANPA, pais e nais , alumnos e profesores do CEIP Igrexa de Candeán concentráronse hoxe por una educación pública e de calidade. Así, a comunidade do colexio reclama á Consellería de Educación que cumpra coas súas obrigas e atenda as necesidades que ten o centro.

Profesorado insuficiente

Entre as máis importantes está a praza vacante dunha mestra, que segue sen cubrirse. Dende a ANPA subliñan que a falta desta profesora invalida todas as programacións docentes da etapa de Primaria (con ramificacións en Infantil, que segue sen profesorado especialista de música e que comparte mestras de lingua estranxeira e de educación física con primaria). Trátase dunha situación totalmente desfavorable e que “fala de abandono do alumnado da escola pública por parte da Administración, que non respecta os seus propios plans de calidade e innovación, contratos-programa e inversións en equipamento xa realizadas, tórnase aínda máis difícil ó negárselle ó claustro o tempo que permitiría mitigar algúns dos aspectos máis negativos da mesma”.

Arranxos no centro

Ademáis, esixen á Xunta que acometa diferentes arranxos de problemas que afectan ao propio centro e que van dende a instalación eléctrica; a necesidade dun tellado externo para a entrada de Primaria que evitaría que os días de choiva os alumnos se mollen e que entre auga no edificio; cambio do chan da pista deportiva e das canastras e porterías; una remodelación dos baños, que non se cambiaron nunca dende a construción do colexio; a revisión dos muros do patio cuberto; a substitución do tellado de uralita ou a modernización do escenario.

También te puede interesar