Destacados Vigo al minuto

O servizo de Oncoloxía Radioterapica do Meixoeiro, referente médico

Rexistra ata a actualidade máis de 57.000 solicitudes totais de tratamento

O servizo de Oncoloxía Radioterapica do Meixoeiro, referente médico

A Unidade de Oncoloxía Radioterapéutica do Hospital Meixoeiro é referencia en Galicia para a técnica de braquiterapia desde o ano 2010. Ademais é o primeiro servizo que empezou a aplicala para o cancro de esófago. Así o destacou o conselleiro de Sanidade na XXI Reunión de consenso do Grupo Español de Braquiterapia da Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica e a Sociedade Española de Física Médica.

Nesta liña, remarcou a importancia que ten o desenvolvemento da braquiterapia para poder aplicar radioterapia do modo menos prexudicial posible para os tecidos sans, reducindo tamén os posibles efectos secundarios. Usar a braquiterapia supón coñecer a posición do tumor cunha precisión case milimétrica, e poder colocar a fonte que emite a radiación moi próxima ou mesmo en contacto coa a zona para tratar. Isto permíte actuar con maior exactitude e aplicar as doses máis adecuadas a cada paciente.

Máis de 300 braquiterapias

Nesta liña, hai que salientar que Servizo de Oncoloxía Radioterápica do Meixoeiro comezou a aplicar esta técnica, atendendo, nun primeiro momento, tumores xinecolóxicos e de mama. Progresivamente, ampliou as posibilidades de tratamento ofrecidas con esta terapia a bronquio, otorrino, esófago, pel, próstata e pene. De feito, entre o pasado e este ano, a unidade realizou, -remarcou o máximo responsable do Sergas-, 303 braquiterapias.

Múltiples avances

Nestos anos, a Unidade foi escenario de múltiples avances. Así, dende o seu inicio, medrou ata dispoñer na actualidade de catro aceleradores, o último incorporado a finais de 2021. Trátase dos máis avanzados do mercado e converten a este servizo do Meixoeiro en referente en dotación oncolóxica de Galicia, o que garante unha atención de máxima calidade, tanto en tempos como en prestacións médicas.

A notable traxectoria do servizo ten como proba que rexistra ata a actualidade máis de 57.000 solicitudes totais de tratamento: 49.057 teleterapia, 5.033 braquiterapia e 3.192 radiocirurxía.

También te puede interesar