O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, inaugurou este luns a nova senda peonil do Foxo Vello, no municipio de Mos. Trátase dun proxecto no que a institución provincial achegou preto de 410.000 euros.
Asi, os traballos comezaron no pasado mes de novembro e consistiron na mellora da seguridade viaria mediante a construción dunha senda peonil desde a igrexa da parroquia de Pereiras ata Atín, na contorna da estrada PO-331 e do colexio desta localidade. Este proxecto que, como adiantou o presidente, terá continuidade nos próximos meses con novas actuacións nesta contorna.
Hábitos de vida saudable e reducións de gases contaminantes
Na súa intervención, Luis López salientou o feiro de que se trata dun proxecto que ten como obxectivo avanzar en materia de seguridade viaria, pero que tamén contribúe ao fomento de hábitos de vida saudable e á redución das emisións de gases contaminantes ao favorecer os desprazamentos a pé ou en bicicleta fronte ao uso de vehículos a motor.