Esta fin fe semana celebrouse o Open de Serbia en Belgrado e Galicia contou con varios representantes no prestixioso evento G-1. Hai que destacar o ouro de Iván García e o bronce de Tania Castiñeira na categoría sénior; e as medallas de Víctor Videla (prata), Tomasa Franco e Carla Sesar (bronces) en júnior.
Iván García
Iván García (+87, Mat´s) está de volta. Asi, logrou a primeira vitoria dende o seu regreso á competición trala grave lesión de comezos do 2023 e fíxose coa medalla de ouro. En primeira ronda superou ao representante de Exipto, nun combate sinxelo (2-0). Xa na final, Iván enfrontouse a Macedonia e Iván estivo cómodo no tapiz, a pesares de que o combate se decidiu en tres asaltos.
Tania Castiñeira
Pola súa banda, Tania Castiñeira (+73, Hebe) foi bronce. Tania superou no primeiro combate á representante de Grecia en dous asaltos e logrou plantarse nas semifinais, onde esperaba Malena Jalh (Austria). Aquí a austríaca foi mellor e logrou o pase á final.
Víctor Videla
Víctor Videla (-45, Natural) acadou a medalla de prata na categoría júnior. Así, superou na semifinal a Francesco Carlone (Italia) en dous asaltos , pero no puido na final co local Pavie Radisic, nun combate que se decidiu en tres.
Pola súa banda -52, Tomasa Franco (Natural) logrou o bronce nun peso con moita participación. A galega eliminou en primeira rolda a Nevena Bijedic (Serbia) en dous asaltos e posteriormente á búlgara Elena Lilova (2-0). Nos cuartos de final superou a Stanislava Kostadinova (Bulgaria) nun combate moi disputado (2-1). Na semifinal enfrontouse a Aidana Sundetbay (Casaquistán) e non puido con ela.
E tamén na categoría júnior Carla Sesar (-55, Natural) subiu ao podio. Comezou vencendo a Lola Nikolic (Serbia) de forma clara (2-0) e nos cuartos superou a Lana Horvat (Croacia), tamén en dous asaltos. Na caeu fronte a croata Ema Bugarinovic, nunha loita que tivo que decidirse no terceiro asalto.