Comarcas Vigo al minuto

O Concello das Neves asume a titularidade de varios treitos de estradas provinciais

Nas parroquias de Setados, Vide, Tortoreos e Rubiós

O Concello das Neves asume a titularidade de varios treitos de estradas provinciais

A Xunta deu a súa aprobación ao decreto polo que se decide o cambio de titularidade a prol do Concello das Neves de seis treitos de dúas estradas provinciais ao seu paso polo municipio. Trátase, concretamente, de cinco treitos antigos da estrada provincial EP-4201, que une Setados, Ribarteme e Vide, e que suman 436 metros de lonxitude; e do treito antigo da estrada provincial EP-4202, que comunica Tortoreos, Rubiós e Carrasqueira, de 831 metros de lonxitude.

Convenio coa Deputación

O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio no que estableceron a obriga da entidade municipal de solicitar a transferencia de titularidade destes viarios. Asi, a Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable ao cambio de titularidade.

Con este cambio, o Concello das Neves terá a competencia para actuar nestes treitos das estradas EP-4201 e EP-4202, e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

También te puede interesar