A concellería de Cultura do Concello de Redondela organiza para o curso 2023/24 as Aulas Municipais de Teatro, unha actividade dirixida ao público a partires dos 13 anos de idade. A concelleira responsable desta área explica que se establecerán dous grupos “un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante”.
Dende outubro
As clases comezarán o próximo mes de outubro e serán no Multiusos da Xunqueira: os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Aquelas persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa solicitude: o prazo está aberto até o 3 de outubro no Concello.
A participación nesta actividade ten un custo de 79,50€ para todo o curso, desde outubro de 2023 ata maio de 2024. O obxectivo do Concello é “ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais”, sinala a concelleira Pérez Táboas.
Na ficha de inscrición os interesados deberán seleccionar o grupo de participación. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, e se o grupo se completa o resto solicitantes pasarán a a quedar nunha listaxe de reserva.