A Deputación de Pontevedra ten xa abertas as prazas de matrícula nas súas escolas deportivas. En total, a institución provincial en colaboración coas Federacións Galegas das distintas disciplinas oferta 63 escolas con ata preto 1.000
prazas para que nenas e nenos de 25 concellos da provincia poidan practicar atletismo, baloncesto, judo, loita, rugby e taekwondo.
As escolas deportivas comezarán na semana do 16 de outubro e o formulario para inscribirse atópase en
DEPOrte Escolas – Diputación de Pontevedra.
Judo
A modalidade que concentra un maior número de escolas é a de judo, con 26 en 10 concellos.
- Baiona impartiranse catro escolas que terán lugar no CEIP de Belesar (o martes e xoves de 15:00 a 16:00 horas) e no Pavillón Deportivo (os mércores e venres de 15:50 a 16:40 e de 16:50 a 17:30 horas).
- Gondomar terán lugar dúas no pavillón polideportivo, os venres de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas.
- Moraña haberá outras dúas escolas de judo no CEIP Santa Lucía, os xoves de 16:00 a 16:45 e de 17:00 a 17:45 horas. Oia a escola de judo desenvolverase no CEIP M. M. García os xoves de 15:45 a 17:00 horas;
- Porriño terán lugar catro no CEIP Plurilingüe Atios os martes en horario de 16:00 a 16:45 e de 16:45 a 17:30 e os venres de 16:00 a 16:45 e de 17:00 a 17:45 horas;
- Ponteareas tamén catro e todas elas no IES Val Do Tea os luns de 18:15 a 19:00 e de 19:00 a 20:00 horas e os mércores de 17:30 a 18:15 e de 18:15 a 19:15 horas;
- Pontevedra as tres escolas de judo terán lugar na Cidade
Infantil Príncipe Felipe e serán os luns e xoves de 16:00 a 16:50, de16:50 a 17:40 e de 17:40 a 18:30 horas; - Redondela haberá dúas no CEIP Laredo e serán os mércores de 17:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas;
- Ribadumia acollerá outras dúas escolas deportivas de judo que terán lugar no Ximnasio novo de Barrantes os martes e xoves de 16:15 a 17:00 e de 17:15 a 18:00 horas;
- Tomiño tamén haberá dúas escolas de judo no Pavillón Polideportivo de Goián os venres de 17: 00 a 17:50 e de 18:00 a 18:50 horas.
Loita
A segunda modalidade deportiva que concentra un maior número de escolas é a de loita, con 17 en 10 concellos.
- Cambados haberá unha no CEIP Santomé os martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas;
- A Cañiza terá lugar unha escola no Pavillón de Valeixe, o xoves de 16:00 a 17:00;
- Crecente no Pavillón municipal o mércores de 16:00 a 17:00;
- Bueu desenvolveranse dúas no Pavillón Pablo Herbello todos os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas;
- A Estrada terá lugar unha no Club A Cambadela, de 18:00 a 19:00 horas;
- Ponteareas dúas no Ximnasio Wudang os martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas;
- Pontevedra dúas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva os sábados de 11:30 a 13:00 e os martes de 20.00 a 21:45 horas;
- Redondela desenvolverase unha no Club Independiente os mércores de 17:00 a 18:00 horas;
- Vigo terán lugar catro sendo tres delas na AAVV Pardavila (luns ou mércores de 19:00 a 20:00; martes de 16:00 a 17:00 horas; e xoves de 18:00 a 19:00 horas) e outra no Pavillón Municipal de Coia (mércores de 19:00 a 20:00 horas);
- Vila de Cruces terán lugar dúas no ximnasio municipal os mércores de 15:45 a 16:45 e de 16:45 a 17:45 horas.
Atletismo
De atletismo ofértanse un total de sete escolas deportivas en cinco concellos.
- A Guarda terá lugar unha no Pavillón CEIP Manuel Rodríguez, os venres de 16:30 a 18:00 horas;
- Pontevedra dúas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva os venres de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas;
- Ribadumia outras dúas no Pavillón de Barrantes os luns de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 horas;
- O Rosal ofértase unha escola no Pavillón CPIO Suárez Marquier que terá lugar os luns de 16:00 a 17:30 horas;
- Tomiño no Pavillón da Carballa os venres de 19:00 a 20.30 horas.
Baloncesto
Na modalidade de baloncesto serán seis as escolas deportivas da Deputación e desenvolveranse noutros seis concellos.
- Catoira terá lugar no Pavillón Municipal os martes de 16:00 a 18:00 horas;
- Gondomar no Pavillón Costas de Miranda os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas;
- Moraña no Pavillón Municipal de deportes CPI de Santa Lucía os martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas;
- As Neves no Pavillón do CEIP As Neves o luns de 13:45 a 15.45 horas;
- Ribadumia no Pavillón os luns de 16:30 a 18:30 horas;
- Salvaterra, tamén no Pavillón e os luns pero de 17:00 a 19:00 horas.
Taekwondo
No que respecta ao taekwondo tamén se ofertan seis escolas deportivas, neste caso en catro concellos.
- Barro terán lugar dúas escolas deportivas da Deputación no Pavillón Municipal o luns de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00 horas;
- Campo Lameiro unha no Pavillón Municipal os martes de 18.15 a 19.15 horas;
- Cerdedo-Cotobade outra no Pavillón Municipal de Carballedo os martes entre as 16:30 e as 17:30 horas
- Ponte Caldelas dúas no seu Pavillón Municipal os xoves de 19:00 a 20:00 horas e os venres de 16:00 a 17:00 horas.
Rugby
As escolas deportivas da Deputación de Pontevedra tamén ofertan unha de rubgy que terá lugar no CUVI (Lagoas-Marcosende, Vigo) os mércores de 17:30 a 18:30 horas e os sábados de 11:00 a 12:30 horas.
A Deputación de Pontevedra tamén porá en marcha escolas deportivas de piragüismo na provincia, aínda que, neste caso, comezarán en marzo e o formulario habilitarase o vindeiro ano.