Cultura Vigo al minuto

O grupo Numen abre no Centro Social de Beade a exposición ‘Again’

Estará ata o 2 de novembro en horario de 10 a 21h. de luns a domingo

O grupo Numen abre no Centro Social de Beade a exposición 'Again'

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade (Ctra.Coutada, 2) ven de abrir ao público “AGAIN”, unha mostra de arte centrada na pintura.  O grupo de mulleres artistas NUMEN (integrado por Tania Ulloa; Diana Cordero; Pilar G. Mourín e Sofía Vázquez), unidas pola amizade e a súa paixón pola pintura, presenta o seu traballo artístico cun enfoque feminista.

Ademais, varias destas artistas son mulleres polifacéticas: algunhas imparten talleres de arte, incluíndo pintura e debuxo, ademais de adicarse á escultura e á gravura. A súa versatilidade artística reflicte na súa obra e no seu compromiso coa promoción das artes e o seu forte vínculo, a súa natureza sociable e a súa dedicación permitíronlles manterse unidas durante varios anos, e están decididas a continuar colaborando e creando xuntas durante moitos máis.  

Así, subliñan dende a asociación, “a través das súas obras, destacan a importancia de dar visibilidade ás voces e perspectivas das mulleres, resaltando cómo historicamente foron subestimadas pola sociedade dominada por un sistema de xénero”. 

Importante

A exposición estará aberta do 2 de outubro ao 2 de novembro, en horario de 10:00 a 21:00h. de luns a domingo.

También te puede interesar