O presidente do Goberno galego anunciou hoxe que en 2024 a Xunta baixará nun 60 % o imposto de transmisións
dos vehículos de segunda man —ao reducilo dun 8% ao 3%— á vez que se eliminará completamente nos casos dos eléctricos cualificados de cero emisións.
Alfonso Rueda fixo este anuncio na súa visita ao concesionario de Rodosa, en Nigrán. Así, o xefe do executivo considerou que esta medida non só é un “bo estímulo” para que a xente se anime a realizar este tipo de operacións concretas, senón para dar un “empurrón” ao consumo en xeral entre as familias galegas no actual contexto de inflación.
60.000 transmisións de vehículos
Rueda apuntou que, segundo os cálculos que manexa a Xunta, será “mínimo de 60.000 transmisións de vehículos” ás se beneficiarán desta rebaixa fiscal, que suporá un impacto económico duns 5 millóns de euros.