Comarcas Vigo al minuto

A Deputación destina preto de 140.000€ a Tui para a reparación dos das inundacións

Afectaron ao pantalán de Areeiros, distintos camiños e o Centro de Remo

A Deputación destina preto de 140.000€ a Tui para a reparación dos das inundacións

O Concello de Tui recibirá 139.488€ da Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña de subvencións da entidade provincial para reparar os danos causados polas inundacións rexistradas entre o 24 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.

Con esta subvención o Concello fara fronte a parte do investimento necesario para ao arranxo dos desperfectos rexistrados no pantalán na praia de Areeiros en Guillarei. Tamén para o arranxo dos danos en infraestruturas municipais – en concreto nos camiños sobre a Regueira do Cotarel en Randufe, e na Regueira da Fonte Febreiro en Baldráns-. Tamén se reparará o pavimento no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo no que se rexistraron afundimentos.

Cambio circulación rúa Ricamonde

Ademais, coñeceuse que, tamén en Tui, a rúa Ricamonde pasará a ser de sentido único de circulación cara ao Anxo, e contará cunha senda peonil. Así se acordara hai semanas na reunión mantida coa veciñanza da zona.

Para proceder a este cambio na circulación hoxe comezaron as obras de pintado da sinalización horizontal, e procederase á colocación da sinalización vertical. O obxectivo desta actuación, que se executa con fondos propios do Concello, e aumentar a seguridade peonil, xa que actualmente a rúa presenta unha carril de circulación moi estreito, e que con dobre sentido puña en risco aos viandantes.

También te puede interesar