Imagen: Cortesía Hermes/A Xunta vén de propoñe a Manuel Pérez Álvarez (Sober, 1946) como novo presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES), en substitución de Agustín Hernández.
Así, despois de trasladarlle esta proposta ás organizacións sindicais e empresariais, e ao resto de asociacións e entidades representadas no pleno do CES, o conselleiro de Facenda e a conselleira de Economía, elevarán esta proposta conxunta para ocupar a presidencia deste organismo consultivo. O nomeamento corresponderá ao presidente do Goberno galego, logo da comparecencia do candidato proposto ante o Parlamento de Galicia.
Manolo Pérez
Lucense, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e pertencente na súa etapa laboral ao corpo de Inspectores de Traballo, Manuel Pérez Álvarez (76) foi conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais do Goberno galego (1989-1995); alcalde de Vigo (1995-1999) e membro do Parlamento Europeo (1999-2004).