É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAberto o prazo para novos Cursos de Formación en Covelo
Ata este martes, día 10
Ata o vindeiro día 10 de outubro estará aberto en Covelo o prazo de inscrición nos novos cursos do VII Plan de Formación. Co obxectivo de mellorar a formación das persoas e promover a súa inserción laboral, o Concello lanza a formación de carretilleiro, a de acompañante de transporte escolar e de comedor escolar e a de manipulador de alimentos.
Tres novos cursos
Que se desenvolverán íntegramente en Covelo para evitar os desprazamentos e facilitar a participación. Do 16 ao 18 de outubro e cunha duración de 15 horas desenvolverase o curso de operador/ de carretillas elevadoras. En horario de tarde de 15:30 a 20:30 horas impartiranse as clases teóricas no auditorio municipal. As clases prácticas ofreceránse no mesmo horario pero na contorna do punto limpo municipal. Este curso terá un prezo de 6€ para persoas empadroadas e 18€ para as non empadroadas.
Acompañante de transporte escolar e monitor de comedor
O curso de acompañante de transporte escolar e monitor/a de comedor terá unha duración de 30 horas. Cun horario de mañá de 9 a 14 horas celebrarase do 16 ao 23 de outubro na sala multiúsos do edificio de usos múltiples. O prezo para persoas empadroadas será de 12€ e para as non empadroadas de 36€.
Manipulador de alimentos
Por último, o 16 e o 17 de outubro impartirase o curso de manipulador/a de alimentos cunha duración de 10 horas en horario de mañá de 9 a 14 horas. As clases serán no auditorio municipal do Concello de Covelo e o custo de inscrición é de 6€ para empadroadas/os e 18€ para o resto.
Nos seis anos anteriores o Plan de Formación do Concello de Covelo contribuíu a mellorar o curriculum de arredor de 500 persoas incrementándose, ano tras ano, o interese e a participación.