A alcaldesa de Redondela reuniuse este luns pasado con representantes da Asociación de Veciños de Chapela, a Asociación de Veciños de Trasmañó e da Asociación de Afectados da AP-9. Na xuntanza, na que estiveron representantes de Audasa, concesionaria da AP9; da empresa Civis Global e do Ministerio de Fomento, informouse aos veciños do inicio das obras a finais deste mes. Digna Rivas adiantou que a próxima semana celebrarase en Chapela un acto aberto a toda a veciñanza no se explicará en detalle tanto os traballos como os prazos previstos.
Chapela e Trasmañó
Asi, estes centraranse na reposición e mellora do viario de Chapela e Trasmañó, na contorna das obras de ampliación da AP-9, entre os quilómetros 149 e 152. Entre as actuacións contémplase a ampliación do paso sobre a autoestrada que dá acceso a San Vicente de Trasmañó e melloras das sendas adxacentes.
Do mesmo xeito, instalarase unha estrutura metálica na marxe dereita que cunha zona peonil de 1,5 metros de ancho e máis amplitude para o tráfico rodado. Por último, renovarase o saneamento e rehabilitarase o Camiño Mouriño, na marxe esquerda da N-552, baixo a estrutura da autoestrada.
9 meses de obras
Polo que se refire ao Camiño da Igrexa e na rúa Pasán construiranse redes de abastecemento; de pluviais e instalarase nova iluminación pública; renovación de pavimiento da calzada e de dous parques infantís da zona.
Civis Global será a empresa que realizará as obras, que contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses. O proxecto é compatible coa instalación das pantallas antirruído nese tramo, proxecto que se está a desenvolver de xeito paralelo.