É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello pagará 30.000 € a cada sindicato por vixiar as obras municipais
O alcalde e os tres representantes das centrales sindicais CCOO, UGY e CIG, asinaron hoxe un convenio que ten por obxecto artellar a colaboración entre o Concello e os sindicatos para implantar un sistema de seguemento do cumprimento das obrigas en materia de prevención de riscos laborais e dos convenios colectivos de aplicación para as obras contratadas con cargo ao Plan E e aos orzamentos municipais, ao longo deste ano 2010.
O Concello de Vigo ten destinados 32 millóns de euros do Plan E2 cos que se espera dar traballo a unhas 2.300 persoas neste ano 2010 por medio das obras resultantes das adxudicacións nas que se desenvolverán humanizacións de rúas, traballos de subministro de granito ou xardinería, eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais e outras obras de mellora de viais, rúas e beirarrúas.
Segundo recolle o convenio a realización simultánea de tantas obras na cidade supón un desafío e un probable incremento dos riscos laborais dos traballadores e traballadoras implicadas tal e como se constatou na experiencia previa no control e inspección das obras realizadas durante o ano 2009, tendo en conta ademais da magnitude do traballo os prazos, xa que as obras teñen que estar rematadas antes de que finalice este ano 2010.
Por este motivo, segundo sinalou Abel Caballero, o Concello quere continuar co esforzo realizado o pasado ano e márcarse como obxectivo primordial a protección da seguridade e saúde dos traballadores que participarán nestas obras e, como garante do cumprimento das normativas de prevención de riscos laborais, esixirá o estrito cumprimento da normativa e manterá permanentemente un control e inspección dos traballos para combater os riscos.