Esta semana deron comezo as obras do proxecto de saneamento dos barrios da Ataúde e A Arrotea, na parroquia da Picoña, en Salceda, que lle vai permitir a 15 casas contar con este servizo esencial.
A alcaldesa, Loli Castiñeira, revisou a última parte dos traballos que abranguen a construción dun colector de 491 metros de lonxitude. O mesmo estará conectado á rede existente actualmente na zona.
Tres meses de execución
Asi, o proxecto, que conta cun orzamento de 110.898,73€, foi adxudicado polo Consorcio do Louro a Construcciones Castro, cn fondos do propio Consrcio, e ten un prazo de execución de 3 meses. Cúmprese, asi, co libro de ruta para a construción de novos tramos de saneamento nos catro concellos (Salceda, Mos, Porriño e Tui).
Saneamento integral
Neste sentido, os responsábeis municipais subliñan que trátase dun novo paso na consecución do saneamento integral de Salceda, unha das prioridades do Goberno local para este mandato. Para acadalo, buscará a colaboración das diferentes Administracións pois, sinalan dende o Concello, “resulta materialmente imposible executar estas obras con fondos propios”.
Os mesmos servizos no casco urbano que no rural
Asi mesmo, a alcaldesa amosou a súa satisfacción polo inicio destas obras que deixan á veciñanza de Ataúde e Arrotea en igualdade de condicións, pois ata o de agora sólo algunhas vivendas destes barrios contaban con este servizo. “Seguimos a traballar pola mellora das nosas parroquias, conscientes de que a vida no rural debe ter as mesmas condicións e servizos que a vida no casco urbano”, subliñou Castiñeira.