O detido acusado da violación e asasinato de Elisa Abruñedo, un veciño de Narón de 49 anos de idade, admitiu diante da Garda Civil ser culpable dos feitos. A confesión produciuse logo dos intensos interrogatorios aos que foi sometido dende a súa detención polos axentes da UCO, encargados da investigación.
Unha década dende o crime
Este caso levaba aberto máis de 10 anos. Dende o 1 de setembro de 2013 cando Elisa Abruñedo saíu a pasear por preto da súa casa en Lavandeira (Cabanas). O último que se soubo dela e que sobre as 8 da tarde, aínda con luz do día, parou a saudar a unha veciña e continuou cara a casa. A apenas 200 metros da entrada, o seu asasino atacouna, abusou dela e acabou coa súa vida a navalladas.
Nesta década o crime- que quedara eclipsado na atención dos medios de comunicación polo asasinato de Asunta Basterra o 21 de septembro do mesmo ano- a investigación seguiu aberta. Finalmente, logo de superar o feito de que non houbese testemuñas, de contar cunha única pista -a pegada xenética (ADN) atopada no lugar– e de descartar a varios sospeitosos, os investigadores arrestaron a R.S.R.V.