Cultura Vigo al minuto

Esta fin de semana, ultimas visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior

Entre o venres e o domingo daranse cita no castelo 180 persoas

Esta fin de semana, ultimas visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior

As visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior rematan esta fin de semana con 180 persoas. Deste xeito as sesións, nas que as persoas participantes “pásano ben pasándoo mal”, comezarán ás 20:00 horas do venres cunha visita teatralizada dirixida ao público adulto que tamén se repetirá o sábado, 28 de outubro, á mesma hora.

Pola súa banda, as visitas familiares terán lugar o sábado e domingo, 28 e 29 de outubro en dobre sesión, ás 11:30 e 16:30 horas. Os asistentes desta fin de semana se sumarán aos outros 540 que xa pasaron polo castelo neste mes de outubro.

Tanto as visitas nocturnas, para público adulto, como as familiares, dirixidas aos máis pequenos da casa, estarán a cargo da compañía Troula Animación. Nas actividades destinadas ao público adulto os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece. Por último, nas dirixidas ao público infantil o público gozará dunha historia terrorificamente divertida. En cada sesión participarán 30 persoas.

Ademais, este sábado terá lugar tamén no Castelo de Soutomaior un obradoiro para familias nas que se lles amosará o mundo do Samaín e as árbores e froitas típicas desta época do ano. Esta sesión, así como a do Magosto, con saída polo bosque para recoller castañas e posterior degustación prevista para o 4 de novembro, ten tamén todas as prazas esgotadas.

También te puede interesar