Vigo al minuto

Especialistas en cardioloxía reunidos no Cunqueiro para falar de tratamentos da válvula tricúspide

Foi o primeiro hospital en implantar válvulas tricúspide a través de catéter

Especialistas en cardioloxía reunidos no Cunqueiro para falar de tratamentos da válvula tricúspide

Medio centenar de cardiólogos reuníronse no Hospital Álvaro Cunqueiro para debater sobre os últimos avances nos tratamentos da válvula tricúspide, baixo o paraugas do PCR Tricuspid Focus Group.

Os profesionais da sanidade pública de Vigo, na vangarda

Hai que lembrar que médicos do servizo de Cardioloxía e Cirurxía Cardíaca da Área Sanitaria de Vigo realizaron o pasado ano, por primeira vez en España, implantes no corazón de válvulas  tricúspide transcatéter. Asi, polo de agora, xa levan tratado 60 pacientes con procedementos mínimamente invasivos, entre reparación e reemplazo da válvula, que  están  dados de alta e presentan unha evolución favorable.

Estas novas técnicas consisten en reparar ou cambiar a propia válvula tricúspide do paciente, cando esta non realiza a súa función correctamente, con dispositivos que se introducen por un catéter a través dunha punción da vena femoral ou xugulara. Ata agora, o tratamento desta  valvulopatía realizábanse con cirurxía convencional; isto é, a corazón aberto, o que supón abrir o esterno e, moitas veces,  parar o corazón do paciente como na cirurxía extracorpórea.

Un procedemento que evita ter que abrir o esterno e parar o corazón

Segundo afirma o cardiólogo do comité organizador desta xuntanza, o doutor Rodrigo Estévez-Loureiro “con este encontro queremos actualizar os coñecementos e visibilizar esta enfermidade e os seus tratamentos, xa que ata hai pouco a insuficiencia tricúspide era unha patoloxía infratratada, por representar un alto risco cirúrxico. Grazas ás novas técnicas que  evitan abrir o esterno e parar o corazón, os tratamentos intervencionistas son menos agresivos, máis seguros, e presentan menos complicacións. Así mesmo, tamén buscamos concienciar á comunidade cardiolóxica para unha derivación precoz que nos permita seleccionar mellor ós pacientes para que reciban corrección de dita valvulopatía, xa sea por medios cirúrxicos ou intervencionistas ”

Insuficiencia da tricúspide

A válvula tricúspide separa  o ventrículo dereito da aurícula dereita do corazón,  e regula  o fluxo sanguíneo  entre ambas cavidades. A válvula se abre para que o sangue pase,  e cando non pecha correctamente se produce regurxitación. Isto é, o refluxo do sangue que retrocede  cara ás veas principais en lugar de desprazarse adiante e chegar aos pulmóns para recoller osíxeno.

Ás veces, se esta insuficiencia é grave pode cursar con síntomas como cansazo, debilidade, inchazón de abdome, pes e nocellos, o cal limita de forma moi importante a calidade de vida dos doentes, ademais de impactar de xeito negativo na supervivencia dos mesmos.

Gran experiencia no Álvaro Cunqueiro

O servizo de Cardioloxía do Alvaro Cunqueiro conta con 3 laboratorios de Hemodinámica dedicados ao intervencionismo coronario e estrutural, que abarca unha serie de procedementos para as cardiopatías conxénitas e adquiridas, nas que se inclúen as enfermidades valvulares, obstrucións arteriais e venosas, ecétera. Este servizo realiza uns 2.000 procedementos diagnósticos e terapéuticos anuais.

Neste senso, o Álvaro Cunqueiro conta con gran experiencia nos implantes cardíacos transcatéter, o que supoñen un gran avance para os pacientes, que se poden beneficiar dun tratamento eficaz e seguro, sen as complicacións inherentes á cirurxía convencional.

También te puede interesar