Comarcas Vigo al minuto

O Porriño acabará co ‘perigo’ das pontes de madeira do sendeiro do Louro

O Concello terá que levantalas para substituír as súas estructuras

O Porriño acabará co 'perigo' das pontes de madeira do sendeiro do Louro

O Concello do Porriño acometerá a reparación das pontes de madeira do Louro para garantir a seguridade dos viandantes. Estas pontes, instaladas no ano 2010, presentan serios danos fundamentalmente nas partes de madeira que serven de base e que sofren a degradación producida pola humidade ao estar en contacto permanente co terreo. Isto provoca o fallo dalgunha das pezas da base que resta estabilidade na plataforma coa conseguinte rotura de táboas, ademais de presentar risco na estrutura principal.

“Trátase de 3 pontes de gran tamaño que permiten cruzar o Louro e unha cuarta pasarela de menor tamaño que cruza un pequeño cauce afluente e que forma parte da senda peonil que percorre a beirado río”, explicou o concelleiro, Marcos Martínez.  

Cambio da base

Para solucionar esta situación levantaranse as pontes para a substitución da estrutura de base dos mesmos con novos elementos de madeira ou con outra solución constructiva que poida ser autorizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Repararase a plataforma de paso renovando as pezas en mal estado e aplicando ao conxunto un tratamento para “reducir a resbaladicidade”.

Taboas deterioradas

“Asemade, na ponte metálica que cruza o río augas abaixo paralela ao vial de acceso a Pontellas, as taboas que forman o pavimento están deterioradas e levarase a cabo a súa reposición con taboas que polo seu deseño raiado e o seu tratamento superficial eviten esvarar”, engadiu o edil.  

72.000 euros

Así, serán 5 as estruturas sobre as que se actúe de maneira urxente, o que requerirá unha inversión de 72.000 euros que xa foi consignada polo goberno municipal. “A senda do louro é un lugar moi concurrido ao que acoden a diario moitos porriñeses e o estado destas pontes supón un risco“, sinala o concelleiro, non só porque se atopa esvaradizo, “senón porque as taboas levantadas poden provocar caídas, concluíu o alcalde

También te puede interesar