Destacados Vigo al minuto

Días estelares no Mar de Vigo, con Elíades Ochoa e a homenaxe a Mecano ‘Hija de la luna’

Este venres e o sábado

Días estelares no Mar de Vigo, con Elíades Ochoa e a homenaxe a Mecano 'Hija de la luna'

O Auditorio Mar de Vigo prepárase para recibir esta fin de semana un dobre evento que promete elevar a experiencia musical na cidade. Eliades Ochoa, o virtuoso artista cubano, membro fundador de Buena Vista Social Club, tomará o escenario este venres, día 10, nunha cita na que estará pechando a súa xira europea co seu novo traballo “Guajiro”, recollendo a testemuña do inesquecible directo que vivimos con Manolo García hai un par de semanas.

Elíades transportará á audiencia a través dos sons auténticos da tradición musical cubana, pero tamén haberá oco pararepasar os mellores clásicos. Ochoa deixou unha marca indeleble na escena musical global, e a súa actuación promete ser unha celebración da diversidade e riqueza da música cubana en Vigo.

‘Hija de la luna’

A continuación, o sábado o espectáculo “Hija de la luna”, encabezado por Robin Torres, levará a cabo a mellor homenaxe a Mecano, convidando o público a lembrar e bailar ao ritmo dos éxitos atemporales.

Trátase dunha viaxe nostálxica a través da xira máis importante da carreira de Mecano, “Descanso dominical”, que non só foi o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como unha lenda.

As entradas para ambos eventos poden mercarse través de www.teuticket.com

También te puede interesar