Vigo al minuto

En 2024, o Concello destinará 24,2 millóns a Educación

Son 2,4 millóns máis que este ano

En 2024, o Concello destinará 24,2 millóns a Educación

Asi o adiantou o alcalde. Abel Caballero detallou as partidas do orzamento para 2024 na área de Educación medran un 11% respecto ao 2023, o que supón 2,4 millóns de euros máis.

“É un orzamento excepcional”, subliñou o alcalde, “para seguir atendendo á xente na educación”. Polo miúdo, explicou que o Goberno municipal destinará 5,8 millóns de euros ás axudas a familias para libros de texto, das que poderán beneficiarse 28.000 nenas e nenos cuxas familias recibirán 205€ por cada filla ou fillo. “Somos o único municipio de España que paga estas axudas”, para a educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Especial e Formación Profesional Básica.

Bolsas de Comedor

O Concello mantén o convenio con Foanpas para as bolsas de comedor e as actividades extraescolares, que teñen un orzamento de 642.405€. A este importe, engadiu Caballero, hai que sumar as axudas para libros, material escolar e comedor de Benestar Social por un importe de 1.427.700 euros. En total: 2.070.000 euros.

Vigo en Inglés

O programa de inmersión lingüística Vigo en Inglés contará cun orzamento de 3.000.000 de euros (546.600€ máis ca en 2023), dado que se produciu “un incremento de custo moi importante na estancia no Reino Unido e queremos seguir enviando cada ano entre 900 e 1000 mozas e mozos”. Amais, as bolsas para estudos internacionais que suman 175.000€ para a Escola Oficial de Idiomas

Limpeza e mantemento de centros escolares

O orzamento municipal para 2024, sumou o alcalde, contempla partidas para a atención aos centros escolares: para a limpeza 3.594.185 euros; reparacións e mantemento de edificios de colexios 670.000 euros; mantemento de caldeiras calefacción e depósitos 139.194€; mantemento eléctrico: 45.000€; luz: 1.025.000€; gas, combustible e carburantes: 70.000€ e para a vixilancia e pequeno mantemento ordinario dos centros escolares 925.000 euros. “En total, o goberno de Vigo destina máis de 6.400.000 euros aos colexios públicos da cidade”.

Ensinos especiais

Polo que se refire aos ensinos especiais, Vigo dedica 2.225.000 euros: A Escola de artes e oficios ten un 100% de subvención; a Escola municipal de música un 70%; Escola municipal de teatro un 75%; Escola Municipal de música tradicional e folk-ETRAD o 90% e a Escola municipal de danza está subvencionada nun 96%.

Escolas Infantís Municipais

O alcalde explicou que as escolas infantís municipais teñen un orzamento para 2024 de 2.400.000 euros e son “completamente gratuítas para as familias, son pagadas polo Concello, incluído o comedor”, un extremo que “non ocorre no caso das escolas autonómicas, xa que o comedor non se subvenciona”, tal e como apuntou.

UNED

Por último, o orzamento de Educación dedica á Aula UNED no Auditorio Mar de Vigo case 700.000 euros; reserva partidas para as cubertas dos patios do colexio Javier Sensat, Villalaura e Frián-Teis; o programa Vigo Educa; a Biblioteca Navia, o Programa de educación básica de persoas adultas, actividades extraescolares e o alugueiro de locais educativos.

Te podría interesar