Deportes Vigo al minuto

Covelo e Fundación Celta de Vigo agasallan á veciñanza o partido contra o Cádiz

Mira como podes facerte cunha entrada

Covelo e Fundación Celta de Vigo agasallan á veciñanza o partido contra o Cádiz

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade gratuíta organizada en colaboración coa Fundación Celta de Vigo Eurorregión Celeste o vindeiro luns día 4 de decembro coincidindo co partido que desputará o Celta contra o Cádiz.

Visita ao Museo do Celta e asistencia ao partido

As persoas participantes sairán ás 19:00 horas dende o pavillón municipal nun autobús pagado polo Concello. Unha vez no estadio de Balaídos visitarán o museo do Real Club Celta onde tamén realizarán unha fotografía grupal de recordo e serán agasallados cunha bufanda do club. Ás 21:00 horas poderán gozar do partido dende a grada de Río Baixo e ao remate volverán de novo a Covelo no autobús. Todas as actividades programadas para esta viaxe son de balde.

Como participar?

Para participar haberá que estar empadroada/o e inscribirse a partir deste mércores día 15 nas oficinas do Concello de 09:00 a 14:00 horas aportando o DNI orixinal. Para obter máis información deben chamar ao número de teléfono 986 65 00 27 (ext. 4) ou consultar a seguinte ligazón visita e partido do Celta

También te puede interesar