Vigo al minuto

A área sanitaria viguesa elabora un protocolo para detectar a persoas alérxicas aos antibióticos

Na actualidade xa avalía anualmente a un 500 pacientes

A área sanitaria viguesa elabora un protocolo para detectar a persoas alérxicas aos antibióticos

Na Semana Mundial  da Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos, o equipo PROA (Programa de Optimización de Uso de Antimicrobianos), xunto coa Comisión de Infeccións e o servizo de Alergoloxía uníronse este ano para enviar unha mensaxe conxunta sobre a importancia da alerxia aos antibióticos.

As alerxias e as reaccións adversass ao antibióticos

Deste xeito, os especialistas queren reiterar á necesidade de diferenciar as alerxias aos antibióticos das reaccións adversas ou efectos secundarios que poden ocasionar. De feito, varios estudios publicados, observaron que preto do 90% dos pacientes que refiren ser alérxicos á penicilina, non o son.

Isto ten unha gran importancia, xa que a penicilina e os seus derivados son os antibióticos de elección na maioría das infeccións. O feito de ser alérxico a estes antibióticos obriga a utilizar outros fármacos, menos eficaces e máis tóxicos. Todo isto conleva que os pacientes que son alérxicos presentan máis risco de infección cirúrxica, unha maior estancia hospitalaria e maior risco de ingreso na UCI.

Asi, a  coordinadora do Comité de Infeccións e Política Antimicrobiana da Área de Vigo, María Teresa Pérez, afirma que “resulta tan perigoso non rexistrar a alerxia dun paciente, polo risco dunha reacción alérxica grave, como non descartala. Cando se identifica erroneamente a un paciente de alérxico a un antibiótico, se condiciona o seu tratamento e, polo tanto, a eficacia do mesmo e a evolución da súa enfermidade”.

Novo protocolo con Alergoloxía

Por iso, na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo avalíanse anualmente uns 500 pacientes con  alerxia a antibióticos. Destes, o 90% non son alérxicos. Neste contexto, vaise elaborar un Protocolo co servizo de Alergoloxía para que os pacientes con sospeita de presentar alerxia aos antibióticos sexan derivados a esa especialidade.

Mellorar o uso dos antibióticos

De feito, a Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo estratexias para mellorar o uso dos antibióticos. Isto facilitou que sexa a área galega que presenta a mellor taxa de uso de estes fármacos nos últimos anos. Unha utilización correcta de antibióticos deriva en menos efectos secundarios, máis seguridade para o paciente e igual eficacia clínica.

Te podría interesar