Sucesos

Vitrasa alerta, de novo, de “ataques” aos seus autobuses

Afectaron a 8 vehículos e ao coche privado dun traballador

Vitrasa alerta, de novo, de "ataques" aos seus autobuses

Vitrasa alerta de que, este martes pasado, varios autobuses da compañía “sufriron diversos ataques”. Non houbo que lamentar danos persoais pero dende a concesionaria insisten en que “este tipo de actuacións poñen en risco ás persoas viaxeiras, aos compañeiros e compañeiras que realizan o servizo e a calquera persoa que circule pola vía”.

Estos foron os buses afectados
  • Ás 05.45 horas o que facía a liña 6, na rúa Clara Campoamor, sufriu o ataque dun obxecto que provocou a rotura da fiestra lateral. Non levaba viaxeiros a bordo.
  • Uns minutos máis tarde, ás 05.53 horas, o bus que facía a liña 4A na rúa Cantabria, foi interceptado por varias pedras que impactaron contra a chapa do autobús. Levaba viaxeiros a bordo.  
  • Ás 06.15 horas, o bus que facía a liña C3 na Avenida de Galicia 146, detectou unha picada na roda dianteira. Había viaxeiros a bordo.
  • Quince minutos despois, ás 06.30 horas, o bus que cubría a liña 15B en Xestoso preto do tanatorio Vigo Memorial sufriu unha picada na roda traseira. Non había viaxeiros a bordo.  
  • Ás 06.35 horas, o bus que facía a liña 11, á altura da Grileira, unha moto aproximouse frontalmente ao autobús e tiraron varios obxectos ao chan diante das rodas bloqueando o autobús.
  • Cinco minutos máis tarde, ás 06.40h, o bus que cubría a liña 27 a la altura da Rabadeira, sufriu o impacto dun obxecto contra a fiestra lateral rompéndoa. Había viaxeiros a bordo.
  • Ás 07.10 horas, un bus da liña C3, na Avenida de Galicia 103 con viaxeiros a bordo, sufriu unha picada nunha roda dianteira.
  • E ás 07.20 horas, un bus da liña 5B, a la altura de Pi Margall sufriu unha picada nunha roda dianteira. Había pasaxeiros a bordo.
  • Ademais, o vehículo particular dun traballador tamén foi atacado. Picaron as catro rodas do seu coche estando aparcado na rúa preto da súa vivenda. Dispoñíase a collelo ás 04.30 horas da madrugada para desprazarse ata o seu posto de traballo.

Dende Vitrasa reiteran as súas desculpas a “garantimos a prestación dos servizos mínimos que atenden a todos os barrios da cidade”. Podes consultar os mesmos en www.vitrasa.es, nas nosas redes sociais Facebook / Twitter / Instagram actualizados en tempo real nas app de mobilidade, así como nos teléfonos de atención ao viaxeiro 986 29 16 00 / 986 20 74 74.

También te puede interesar