Demandan a reunión urxente da Comisión de Seguridade logo do “caos perigosísimo” deste venres

Coa cidade colapsada durante horas

Profesionales de Emergencias no tienen conocimiento de plan de seguridad y tráfico alguno en Vigo esta Navidad

O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Seguridade do Concello de Vigo. A intención é abordar o “caos perigosísimo” que se viviu este venres, no que a cidade ficou colapsada durante horas. Ademáis, os nacionalistas demandan que nela compareza a concelleira delegada de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño.

https://twitter.com/Vigoalminuto/status/1730637488790650982

O portavoz municipal do BNG lembrou que xa solicitara hai dous meses un verdadeiro plan de tráfico e de seguridade. Xabier P. Igrexas pedira que o mesmo incluíse medidas como a instalación de aparcamentos disuasorios cun servizo de bus urbano con lanzadeiras desde os mesmos. Dende o Bloque entende que este era o sistema para “evitar que se volvese repetir, como así sucedeu, o vivido no Nadal do ano pasado: peóns atravesando túneles, retencións quilométricas durante horas e o bloqueo do transporte urbano e dos taxis”.

Non foi unha situación sobrevida ou inesperada

Para o BNG é especialmente grave o vivido onte por non se tratar dunha situación sobrevida ou inesperada. “Isto non é algo inesperado, é algo provocado por un caprichoso modelo de Nadal que sigue concentrado nunhas poucas rúas do centro e pola obsesión do Alcalde polas grandes masas de xente”, denuncia Igrexas.

Ameaza á seguridade pública

Asi, o portavoz do BNG foi especialmente duro ao asegurar que “o desgoberno de Abel Caballero é unha ameaza para a seguridade pública”. Neste sentido, denunciou a falla de medidas efectivas. “Hai uns días o alcalde anunciaba 11 corredores de emerxencias, pero o que vimos onte foron ambulancias e vehículos de emerxencia que non lograban avanzar en medio do tapón de tráfico”, reprocha.

Tampouco funcionou o operativo de control de accesos

Desde o BNG cuestionan tamén o operativo de control de accesos, “nos que se puido ver a persoal voluntario de Protección Civil e doutras entidades privadas dirixindo o tráfico sen a capacitación necesaria e sen supervisión da Policía Local. É de tolos pensar que dando un pito e un chaleco reflectante se pode ordenar un colapso de tráfico dese tamaño”, enfatizou.

Igrexas urxe a revisión das previsións en materia de tráfico e de seguridade, unha vez confirmado o “rotundo fracaso” das aplicadas até agora, para evitar que o Nadal se converta nunha “agonía de seis semanas” que faga a cidade intransitábel, insegura e inhabitábel.

También te puede interesar