Nova resonancia magnética para o Meixoeiro

Contribúe á detección precoz de múltiples patoloxías

Nova resonancia magnética para o Meixoeiro

O Hospital do Meirxoeiro conta cunha nova resonancia magnética. O conselleiro de Sanidade supervisou o seu funcionamento, logo dun investimento de 400.000 euros. Julio García Comesaña a puntou que deste xeito complétase a instalación de tecnoloxía sanitaria na área de Vigo por un total de 13 millóns de euros.

A nova resonancia supón un “avance punteiro”, dado que conta cunha maior resolución anatómica, permitindo ver lesións de tamaño minúsculo. Desta forma, é posible obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e coa máxima fiabilidade.

Diagnóstico máis preciso

Conséguese asi un diagnóstico aínda máis preciso e eficiente, o que contribúe á detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos, posibilitando un tratamento máis personalizado.

Ademais das melloras en canto ao diagnóstico, esta resonancia magnética valorada en 1,5 millóns de euros, mellorará o confort das persoas usuarias tanto en espazo como en tempo. O novo equipo dispón dun tubo máis grande para que o paciente se sinta máis cómodo e reduce considerablemente o tempo necesario para realizar a proba, nalgúns casos rebaixándoo ata un 60 %.

Investimento de 13 millóns de euros en alta tecnoloxía

Dende o SERGAS subliñan que coa instalación desta nova resonancia magnética, “o Goberno galego completa os
investimentos tramitados con fondos Next Generation na área sanitaria de Vigo ata chegar aos 13 millóns de euros”
.

En concreto, o Hospital do Meixoeiro foi dotado dun PET (cuncusto de 2,5 millóns de euros); dous TAC, tres gammacámaras e a citada resonancia magnética.

Pola súa parte, despois desta adquisición, o Hospital Álvaro Cunqueiro conta con tres novos TAC (incluíndo un TAC espectral); dous equipos de hemodinámica; un de radioloxía vascular intervencionista e outra resonancia magnética.

También te puede interesar